Bootstrap Themes

Pomba, a que non era

Libro infantil creado pola escritora Lucía Ferro e a ilustradora Andrea Lombardía.

Toca unha ampla variedade de emocións, tanto as que gustan como as que non, e axuda a pais, nais e educadores a tratar cos máis pequenos a temática do abuso.

O conto de Pomba é unha ferramenta que lle ofrece palabras a aqueles que atopan dificultade para expresar sentimentos tan complexos como os que aparecen en situacións traumáticas.

E non só fala do medo e a tristeza, tamén ofrece un final cheo de esperanza.

Subscríbete

Para estar á última das novas que vaian saíndo, subscríbete á newsletter de Lucía Ferro.

Comproba o teu cartafol de SPAM.
Este campo é opcional, usarémolo para dirixirnos a ti.
nenos xogando na herba
Foto de Laura Ohlman en Unsplash

Para nenos e nenas

Con debuxos repletos de detalles, que quererán ollar unha e outra vez.

A historia, aparentemente sinxela, permitiralles comprender as propias experiencias.

Dúas persoas en bicicleta nun parque, polo contexto pai e fillo
Foto de Juliane Liebermann en Unsplash

Para nais e pais

Este é un conto que se pode empregar como fonte de conversa e vínculo íntimo cos seus fillos e fillas.

Os numerosos detalles do rural galego presentes nos debuxos poden dar pé a compartir as experiencias propias.

Unha profesora lendo un conto nunha aula chea de nenos
Foto de CDC en Unsplash

Para educadores

Servirá como recurso comunicativo co que crear un ambiente de harmonía entre o alumnado, axudando a minimizar os casos de acoso escolar.

Dado o caracter simbólico do libro poderá axudar tamén a identificar casos de abuso no ambiente familiar.